Aldea Rural O Mazo

Eu son esto que vexo e que me vei:
Os Eidos, Uxío Novoneyra


A ALDEA
O grellear da fonte.
O camiño do monte.
Andando e vendo
a miña sombra correndo
a lua nas penas o alento
o pensamento...
Os Eidos, Uxío Novoneyra.


A Aldea do Mazo está situada a 670 metros de altitude no val do río Pequeno, en plena Serra do Caurel. Con orientación sur e cerca dun curso de auga, os primeiros habitantes rodeáronse de terras de cultivo, prados de sega e un souto de castiñeiros que hoxe disfrutamos. Pero non sempre as xentes do Caurel viviron en núcleos como este. Hai polo menos 8.000 anos que os primeiros habitantes empregaron as covas como refuxio ou residencia. Logo, os primeiros asentamentos constructivos, os castros, situáronse en lugares inexpugnables e ocupados en garantir que o ouro que saía desta serra chegase a Roma. Por último e seguindo unha transición sen roturas, chegamos ás actuais casas rurais, que en base á aptitude do territorio e a emprazamentos precedentes ocuparon lugares coma este.

A Aldea do Mazo sempre estivo vinculada ó río Pequeno, tiburario pola marxe dereita do Lor. O propio nome de "O Mazo" fai referencia ó gran martelo que debía traballar na ferrería ou batán que derivou decenios despois na pranta de luz que abasteceu o núcleo a principios do século pasado. A aldea que aquí se presenta consiste na rehabilitación de tres antigas casas de labranza, un sequeiro de castañas, unha albariza, un forno e un galiñeiro. En total 1.500 metros cadrados de construcións nos que se respetou a tipoloxía constructiva orixinal, con pedra e a madeira como principais materiais. Pero ó mesmo tempo non se interrumpiu o proceso de avance que sempre caracterizou a este emprazamento, pois incorporáronse as últimas tecnoloxías de comunicación e solucións constructivas modernas.

Cada apartamento é totalmente independiente e dende todos pódese contemplar directamente a natureza primixenia do Caurel. Os apartamentos son espazos privados e espaciosos nos que en tódolos casos se superan amplamente as medidas mínimas habituais do sector. Para os días que chova, neve ou faga moito frío existe na Aldea un amplo espazo común cuberto para realizar actividades ó aire libre. Tamén se pode abrir a ventá.