Aldea do Mazo, regreso ao pasado

 In Novas, Sin categoría

Ó sur este da provincia de Lugo álzase o Courel, unha cadea montañosa cunha extensión de máis de 20.000 hectáreas. Neste enclave natura, considerado Espazo Natural Protexido, sitúase a Aldea do Mazo, un enclave de turismo rural que ofrece ó visitante a oportunidade de regresar ó pasado e descubrir os tesouros que gardan estas terras, onde o tempo parece terse detido.

Comodidades: Aldea do Mazo representa un turismo rural diferente e moderno, adaptado ás necesidades actuais e con tódolos elementos precisos para un benestar óptimo.

Meiraos. É o nome da parroquia na que se atopa esta aldea completamente rehabilitada e con capacidade para 58 hóspedes. Exténdese ó longo de 1.500 metros cadrados de construcións restauradas, en total sintonía co entorno. Cada apartamento é totalmente independente, cunha ou varias habitacións, cociña, salón e todas as comodidades necesarias para ter unha estancia agradable, como conexión a internet, piscina climatizada, restaurante, espazo para reunións, gardería para cans e terraza exterior con lareira.

Privacidade e comodidade das persoas hospedadas son as prioridades da aldea, así como o máximo respecto á arquitectura tradicional da zona. As amplas ventás das que dispón, permiten ter un contacto próximo coa natureza, incluso dende o interior das edificacións, xa que permiten gozar do entorno e das privilexiadas vistas, independentemente do momento do día e as condicións climáticas do exterior.

Fauna e flora. Na zona pódense realizar diversas actividades para descubrir a riqueza natural do Courel, como rutas de sendeirismo que deixan ó descuberto parte da súa historia, resgardada en castros, asentamentos romanos ou templos do medievo.

Recuperación. A Serra do Courel foi durante séculos unha zona especialmente illada debido a súa situación xeográfica, o que impulsou o éxodo de moita da xente que a habitaba. Iniciativas como a Aldea do Mazo supoñen unha aposta pola recuperación socioeconómica da zona, promovendo a súa conservación.

Recommended Posts

Leave a Comment

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies