Reunions de Empresa nunha aldea rural en Lugo

 In Eventos e promocións, Novas

reunión empresa en aldea rural en el courel lugo

Setembro é un mes ideal para organizar as túas reunións de empresa fóra da oficina, por diferentes motivos.

En primeiro lugar, vimos dunha época estival, en moitas ocasións tamén de lecer, onde as persoas adoitan a pasar horas no exterior, coa luz natural, en contacto coa natureza a miúdo.

Cando hai que volver á oficina ou a espazos interiores, é frecuente que o ánimo decaia, as persoas entristécense e incluso se fala de depresión post-vacacional.

Setembro é como iniciar un novo curso, despois dunha parada, redefínense os obxectivos, apúntase cara novos retos, perfílanse novos obxectivos ou revísanse os que xa  se fixaran anteriormente.

Ademais, setembro é todavía verán, a cálida luz do sol permite combinar os encontros nas salas de reunións internas coas actividades no exterior. Pódense organizar Team Buildings ou Outdoor Trainings para unir e motivar ós equipos.

Por todos estes motivos, setembro é un mes ideal para realizar reunións de empresa en espazos de natureza, como Aldea do Mazo, que conta con instalacións adaptadas ás necesidades empresariais. A sala de reunións ten unha capacidade para acoller ata 80 persoas, dispón de conexión a internet e dunha pantalla e proxector para presentacións.

Así mesmo, en Aldea do Mazo encargámonos de preparar Coffee-break, brunch ou comida á hora que necesites.

Xa sabes, se necesitas motivar e inspirar ó teu equipo para que dea o mellor de si mesmo, non deixes pasar setembro para organizar a túa reunión de empresa en Aldea do Mazo.

Recommended Posts

Leave a Comment

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies